A bandeira azul ondea na praia de Cabío dende esta mañá. O rexedor local, Lois Piñeiro, acompañado da concelleira de turismo, Charo Varela, visitaron esta mañá o areal que conta con este distintivo.
De momento non hai socorristas nin servizo de limpeza de praias, pero os membros da corporación aseguraron que Cabío xa conta cos servizos mínimos para poder ondear este distintivo de calidade.
Charo Varela, asegurou que a praia é un recurso que identifica a esta localidade, polo que van intentar manter a bandeira durante toda a lexislatura.
https://www.youtube.com/watch?v=Al5u9YpP2f8