O Barbanza está preparado para celebrar a novena edición da Regata Gadis Concello de Ribeira que organiza o Clube Náutico e que se disputará este sábado en augas da Ría de Arousa.
A competición arrancará ás 14.00 horas e saíra das inmediacións do Clube Náutico. No seu percorrido cruzará a zona de Ter polo este e achegarase á illa de Rúa.
Según informa o Comodoro, as previsións meteorolóxicas apuntan que vai soprar un vento de compoñente norte de 12 e 15 nós o que fará deste percorrido costeiro unha regata moi rápida e divertida con moitos cambios de dirección das velas.
https://www.youtube.com/watch?v=ev3BqHq1MpI