Os camioneiros galegos xa non enchen os depósitos na nosa comunidade

Os camioneiros Galegos prefiren saír da comunidade autónoma para encher o depósito, pois os prezos de combustible en Galicia xa se sitúan como os máis caros da península.
Claro que non todos os profesionais do transporte poden evitar as gasolineiras de aquí, só aqueles que traballan en rutas nacionais ou internacionais. Ou, como moito, aqueles que viven na fronteira con Asturias e Castela e León.
Segundo datos da Xunta, o gasoil en Galicia antes de impostos é un 2,4 % máis caro que a media do resto de España. Para a Administración galega e a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal), o motivo é a falta de competencia no sector.
A Administración autonómica deféndese e explica que os carburantes en Galicia seguen estando entre os máis caros do país incluso antes de impostos, co cal non ten a culpa dos altos prezos.
A Xunta subiu en xaneiro do 2014 a presión fiscal sobre os carburantes, aínda que decidiu reintegrar aos transportistas o 75 % do imposto (3,6 dos 4,8 céntimos).

https://www.youtube.com/watch?v=0QDgiikmM_U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.