O Concello de Ribeira iniciou as obras dirixidas á instalación de dúas redes de saneamento en dous camiños situados en Cristal e Igrexa na parroquia de Olveira.
A actuación, que suscitou o interese de 35 ofertas durante a licitación, está sendo executada pola Construccións Fermín Simal, S.L.. Comporta un investimento de 37.712, IVE incluído e ten un prazo de execución de dous meses. O proxecto está financiado no marco do plan POS Plus da Deputación.