Un día despois do precipitado pleno municipal que se viviu no consistorio local de Ribeira onte pola noite, o alcalde Manuel Ruíz convocou unha rolda de prensa co fin de dar a coñecer á opinión pública un novo pleno extraordinario e urxente que terá lugar o venres para o luns en caso de que a oposición non mova ficha antes, ven chegando a un acordo con el ou formando un goberno alternativo e no que se someterá a votación unha nova proposta.
Na tarde de onte os catro grupos políticos que forman a oposición botaron abaixo o planteamento organizativo para esta legislatura, algo que, según afirma o rexedor xa estaba consensuado.
Tratábase dun tema relacionado co salario dos políticos con dedicación e a contratación de persoal eventual.
Integrantes do BNG, Psoe e Cidadáns opuxéronse argumentando cuestións de carácter económico.
Aproveitou a ocasión para asinar diante dos medios unha resolución na que destinará 25.000 euros que se aforran do seu salario e do da tenente de alcalde de aquí a final de ano e que irán destinados a servizos sociais. 15.000 euros irán para axuda á escolarización e 10.000 para gastos de emerxencia.
RUÍZ da un ultimátum á oposición para que actúe antes do venres, en caso contrario convocará un novo pleno o luns
Please login to join discussion