OS BOMBEIROS DO BARBANZA denuncian a privatización do servizo e poñen a súa esperanza no cambio de goberno

Xa pasaron máis de 620 días e os bombeiros da comarca do Barbanza seguen sen obter unha resposta por parte da Administración.

Un folga que vai para dous anos e na que os traballadores reivindican un aumento de calidade pero sobre todo un incremento no persoal da plantilla para poder cubrir os servizos mínimos.

No parque de bombeiros de Ribeira tan só forman esa plantilla dúas persoas que atenden os servizos mínimos o 80% das veces, sendo tan só no 20% cando son tres os que forman o equipo. O parque de Boiro encóntrase nunha situación semellante, pero o grupo de Traballo está composto por unha persoa máis.

Moisés Fernández, o cabo do parque de bombeiros de Ribeira asegura que o persoal e insuficiente en caso de emerxencia e por iso que a poboación está exporta ao perigo.

Asegura que a administración defende a privatización dun sector que necesita o servizo público para poder subsistir.

Un futuro incerto pero esperanzador é do que fala o cabo. Os resultados das pasadas eleccións do 24M e o crecementos das novas forzas políticas son os que están a poñer a luz ao final do tunel según explica Moisés, pois a oposición ve necesario este servizo público e denuncia a súa privatización.

Un cambio de xestión do goberno autonómico podería ser a solución desta problemática que ameaza ao sector e á cidadanía.

https://www.youtube.com/watch?v=mpYLQO0pOnQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.