A EDAR de Ribeira contará cun investimento de 718.000 euros. Así o avanzou a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo. O obxectivo deste investimento contemplado no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 é dar resposta ás demandas dos veciños.
Estes 718.000 euros están destinados a actuacións de mellora para o control de cheiros na Estación Depuradora de Augas Residuais. Xa no mes de novembro do ano pasado fíxose unha adxudicación por máis de 300.000 euros dunhas obras neste sentido.