Muros

O FURTIVISMO cae na comarca dende que o código penal o recolle como un delito

As cofradías de mariscadores da comarca do Barbanza por fin respiran tranquilas dende fai seis días. Dende o 1 deste mes o furtivismo reincidente está recollido no código penal como un delito e por iso que dependendo da gravidade do caso poderase ir ao cárcere con penas de entre 1 a 6 anos.

Esta acción proposta dende a Consellería do Mar parece que foi escoitada polos furtivos da comarca do Barbanza que nos últimos días cesaron o seu labor que está no punto de mira da Xunta de Galicia.

As zonas de marisqueo a pe eran as que máis sufrían esta actividade ilegal. A Pobra, Rianxo e Cabo de Cruz están a notar unha melloría.

O pasado venres o Lustres Rivas foi escenario dun dos primeiros encontros que se levarán a cabo co fin de erradicar o furtivismo na comarca.

Representantes das cofradías de Muros e Noia e da Ría de Arousa, así como da Consellería do Medio Rural e do Mar e da Intermar asistiron a esta primeira toma de contacto onde se estudaron as posibilidades de incidir nesta lacra en cada unha das zonas da ría.

Esta acción encádrase no novo plan de marisqueo que nace co fin de analizar a productividade, furtivismo e calidade das augas en toda Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.