Coincidindo coa conmemoración do Día da Paz e a Non violencia, que se celebra mañá mércores, 30 de xaneiro, a Deputación da Coruña vén de facer público o fallo da primeira edición do seu Premio pola Paz, Convivencia e Dereitos Humanos; un galardón co que a institución provincial pretende recoñecer iniciativas a favor da convivencia, a resolución pacífica de conflitos e a eliminación de comportamentos que prexudican a vida en común entre as persoas, como poden ser o acoso, a discriminación ou a violencia de xénero.