Galicia

O Grupo Popular defenderá no Pleno demandar ao Goberno do Estado unha resposta inmediata á proposta consensuada coa industria electrointensiva galega para establecer un marco eléctrico estable e un prezo eléctrico competitivo ás empresas.


Puy sinalou que “demandan a implantación inmediata dun Estatuto da Industria Electrointensiva, que defina os diferentes tipos de industrias en función tanto do seu consumo de enerxía como nos períodos nos que se distribúe este consumo; así como a redución dun 90 por cento das peaxes de acceso na parte relativa ao custo do transporte; a convocatoria de axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2, que sexan pagadas con periodicidade trimestral; a exención do custe regulado correspondente aos custos de pagos por capacidade; e a elaboración dun estudo de perdas técnicas de enerxía que son realmente soportadas polos consumidores electrointensivos”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.