Galicia

Educación destina 110.000 euros a axudas para estudantes universitarios con dificultades económicas por causas sobrevidas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do presente curso académico, teña dificultades económicas, co obxectivo é garantir que poidan continuar os seus estudos.
https://www.youtube.com/watch?v=vTjVQsAUFc0
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financiará estas axudas cunha contía global de 110.000 euros, sen prexuízo de poder ser incrementada ata cubrir a todas as persoas que o precisen. As axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar, oscilarán entre os 1.500 e os 2.750 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.