Ribeira

O Centro Lustres Rivas exporá a mostra “COR E Natureza” de Constantino González

O Centro Cultural Lustres Rivas vai albergar do 8 ao 23 de febreiro unha nova exposición titulada “Cor e Natureza”, de Constantino González.

Trátase dunha selección de máis dunha trintena de obras en óleo sobre lenzo nas que as flores cobran especial protagonismo, destacando polo seu colorido e por ser un reflexo da natureza creada a partir da visión artística particular do seu autor.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.