O día das Peñas de Boiro proclámase como unha das festas máis agardadas da comarca do Barbanza. Centos de persoas enchian esta mañá as rúas do municipio e unha gran concentración agardaba na praza do concello a que dera comezo unha das principais probas deste día, o tiro de corda.
A asociación cultural Borobó foi a encargada de poñer en marcha este multitudinario evento. A golpe de micrófono o presidente da asociación animaba á cente a participar e unirse neste día tan grande para os boirenses. Os rapeces e as rapazas ameazaban con pistola cargadas de auga nunha xornada na que o bo tempo acompañou durante todo o día.
A música electrónica tambén tivo cabida no evento a mans de Criminal Bass que amenizaron o día dende as 16.00 horas ata as 04.00 horas no Estrella de Mar.
Na praza de galicia as orquestas foron as protagonistas. Os levan o ritmo latino no sangue bailaron coa música de bervena ata o amencer.
https://www.youtube.com/watch?v=KPoAgQsNRvA