Ribeira

Ribeira conmemorará este sábado o día da ilustración cun contacontos infantil

A biblioteca municipal de Riveira albergará este sábado 26 ás 12 horas unha sesión contacontos coa que celebrar o Día da Ilustración.
https://www.youtube.com/watch?v=MeJDXYmAjP4
Con tal motivo, Inacio Vilariño ofrecerá o espectáculo “Titoán, o mozo Castelao e outras historias”, especialmente dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A través desta actividade os rapaces terán a oportunidade de aprender un pouquiño da vida de Castelao cando era un neno, e recordalo así nestas datas próximas ao aniversario do seu nacemento e conmemorar na súa honra o Día da Ilustración.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.