Pasaron 23 anos dende que o concello de Rianxo tomou a decisión de fixar un día para á exaltación do peixe máis típico da zona. A problemática pola que pasou o sector dos xeiteiros debido á normativa de Bruxelas e que unha vez máis estivo en boca do alcalde esta mañá, fai desta romería un momento moi especial para tódolos rianxeiros, é por isto que, este ano se vai celebrar unha edición especial, esta vez serán tres días de festa. O 17, o 18 e o 25 de xullo.
https://www.youtube.com/watch?v=maHVul7JRAg