O mar de fondo non impediu que 120 familias sen recursos se beneficiaran do III TROFEO RAMIRO CARREGAL

O mar de fondo tratou de impedir o campeonato de Pesca Interclubes das Rías Baixas III Trofeo Ramiro Carregal, pero a solidariedade dos pescadores botouse ao mal tempo. Se ben é certo que as capturas foron inferiores ás agardadas tamén cabe destacar que os armadores de Pescaldía botaron unha man para poñar á disposición da asociación Amigos de Galicia, encargada de repartir o pescado, 600 quilos de diferentes especies que se doarán aos 120 fogares.
Aínda que vencer era o de menos, sinalar que Francisco Mareque demostrou que está nun gran momento de forma tras o seu paso polo campionato de España e conseguiu o primeiro posto en Ribeira, seguido de Enrique Cores e José Antonio Ventoso. Juan Pereiro colleu a peza máis grande ao facerse cun sargo de case un quilo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.