Xunta de Galicia

Feijóo salienta que antes de finalizar o mes de marzo a Xunta terá publicadas 30 liñas de axuda por valor de 100 millóns de euros para o tecido económico empresarial e autónomo de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que ata o vindeiro mes de marzo a Xunta terá publicadas 30 convocatorias de axudas á disposición de todo o tecido económico empresarial e autónomo de Galicia por un valor de 100 millóns de euros.

E subliñou que, con este obxectivo, a Xunta está a celebrar en varios concellos galegos distintas reunións con empresarios, autónomos e emprendedores para dar a coñecer estas iniciativas que a Xunta ten en vigor. Durante unha visita ás novas instalacións de Fandicosta, Feijóo precisou que destas liñas xa están publicadas no DOG algunhas como o programa Galicia Inviste, para facilitar financiamento a 140 pemes galegas, cubrindo ata o 30% do investimento que vaian facer e coa previsión de mobilizar 40 millóns de euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.