Sin categoría

FEIJÓO gaba o potencial do capital humano de GALICIA e avanza un novo plan para formar a máis de 10.000 emprendedores

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación —previsiblemente, no Consello da Xunta da próxima semana— do Programa Capacita, co que se pretende mellorar a formación de máis de 10.000 emprendedores “que sacan adiante pequenas e medianas empresas en Galicia, pero que seguramente cunha maior especialización poidan ser máis competitivos e conseguir máis éxitos no seu traballo diario”.
Feijóo fixo este anuncio no acto de entrega das bolsas da Fundación Barrié, durante o que gabou hoxe o enorme potencial do «capital humano no que Galicia deposita o seu futuro». O Programa Capacita, cuxa aprobación adiantou hoxe Feijóo, buscará mellorar a capacitación profesional dos emprendedores e das pequenas e medianas empresas galegas de cara a incrementar a súa competitividade.

Salir de la versión móvil