Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña convoca a III edición dos Premios PEL ás mellores iniciativas empresariais.

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP as bases do III Premio provincial á mellor iniciativa empresarial, enmarcado dentro da liña PEL-EMPRENDE do Plan de Emprego Local (PEL), que constitúe unha das citas anuais clave do sector empresarial da provincia.

O seu obxectivo é recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, realzando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e emprego, contribuíndo á súa sustentabilidade e fomentando a cultura emprendedora na provincia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.