Sin categoría

Proceso selectivo para a contratación de catro condutores de vehículos motobomba na tempada de verán de RIVEIRA

O Concello de Riveira informa da apertura do proceso selectivo para a contratación temporal na tempada de verán de catro condutores de vehículos motobomba para a prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Os interesados poden presentar as súas solicitudes o luns 6 e o martes 7 de xullo. O modelo de instancias estará a disposición na páxina web municipal (www.riveira.es / www.riveira.gal) e nas propias oficinas do Concello.

Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de duración determinada, por obra ou servizo. A xornada será de 40 horas semanais.

A devandita contratación está adscrita ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Riveira para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa.

Salir de la versión móvil