Na xerencia de Xestión Integrada de Santiago, os datos desta semana indican que a intensidade da onda da gripe é baixa, pero que a tendencia é crecente e nótase, sobre todo, nas consultas dos centros de atención primaria.
No Hospital Clínico Universitario de Santiago, a día de hoxe, hai 4 ingresados por mor da gripe, e dende o 1 ao 15 de xaneiro, o laboratorio de microbioloxía do hospital analizou 250 mostras das que 30 foron positivas (todas de gripe tipo A ningunha de gripe B).