O Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña investirá 153.039 euros para financiar as obras de pavimentación e mellora nos camiños da Agra da Filgueira (Louro), A Rateira (Abelleira) e Vistavós (Torea), no termo municipal de Muros.
Este investimento inclúe achegas provinciais por importe de 143.039 euros e unha achega municipal de 10.000 euros.
O Plan Único da Deputación inviste 153.000 euros na pavimentación de camiños municipais de Muros


