O cinco de xullo chega ás inmediacións do Coroso a I Romaría pola Diversidade. Unha iniciativa impulsada pola Asociación Ambar e que pretende concienciar sobre a diversidade como feito natural e valor positivo para a comunidade.
Unha xornada lúdica e reivindicativa tratará de unir a todas as persoas que pensan que os valores de diversidade, inclusión e sustentabilidade son factores crave para xerar unha contorna comunitaria innovadora e creativa.
A xornada arrincará cun acto inaugural de carácter deportivo e inclusivo, a «Carreira pola Diversidade», aberta a todos os públicos, que comezará ás 10:30 e transcorrerá por un percorrido urbano que partirá dende a zona de Coroso e o dique de Ribeira.
Baixo a lema “Diversidade-Inclusión- Sustentabilidade” preparáronse para o 5 xullo na área de Coroso varios espazos distintos de acción. Entre eles póderanse distinguir a agra dos xogos, a das artes, a das ideas e as agras solidarias.
As entidades e organizacións participantes poderán desenvolver as súas accións de forma autoxestionada.
https://www.youtube.com/watch?v=OMf1JbtjS9A