A piscina municipal de LOUSAME abre as súas portas para a tempada de verán

A piscina municipal de Lousame abre as súas portas para a temporada de verán e permanecerá aberta os meses de xullo e agosto, en horario de 15:00 a 21:00 horas. O Dende o concello informan de que xa se poden xestionar os distintos bonos de acceso.

Vanse manter os mesmos prezos con respecto ao ano pasado, de xeito que os veciños e veciñas poderán optar entre:

– Bono familiar: 15 euros. Poden incluírse ata un máximo de 5 membros da mesma familia.
– Bono individual: 12 euros.
– Baño libre por día: 1,2 euros.

Por outra banda, os cursos de natación terán lugar en horario de mañá. O prezo é de 6 euros, que se reducen a 3 euros no caso das familias que teñan o bono familiar.

https://www.youtube.com/watch?v=2mNl7co1F5A

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.