O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA e o PLURILINGÜE gañaron o 2º premio dos proxectos innovación lingüística

Ambos centros de Ribeira desenvolveron ao longo deste pasado curso un proxecto que uniu lingua e tecnoloxía a través da creación de actividades en ambos centros que xiraban ao redor dos códigos QR. Estes elementos son unhas imaxes que semellan labirintos que ao ser escaneados por tabletas ou teléfonos intelixentes levan a unha páxina web relacionada co obxecto que ten impreso o código que estivesen en galego.
Tamén cabe destacar a edición dunha serie de tarxetas postais na que se reflicten: o castro da Cidá, a dorna, o dolmen de Axeitos, a nadadora María Vilas, o contador de historias Quico Cadaval e a serea de Sálvora. A elección destas imaxes foi a cargo de entidades do concello de Ribeira tales como o clube Sálvora, a Cofradía da Dorna, o ateneo Valle-Inclán e o propio concello de Ribeira. Estas postais levan un código QR que unha vez escaneado aporta máis información sobre o que se recolle na imaxe.

https://www.youtube.com/watch?v=YfpLcHzodJ8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.