Muros

A federación de empresarios do BARBANZA pretende fomentar o comercio local

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, participou hoxe nunha nova reunión da Mesa Provincial de Comercio Local da Coruña, que agrupa a administracións públicas, asociacións de comerciantes e consumidores e representantes dos distintos concellos.

A Federación de Empresarios de Barbanza amosou unha iniciativa co obxectivo de revitalizar o comercio de proximidade e a incentivación do consumo nas comarcas de Barbanza, Sar, Noia-Muros e Xallas.

Do Campo subliñou que se está a traballar para “impulsar a colaboración entre os membros do sector para a optimización dos recursos”. Con esta norma, indicou, está a disposición dos comerciantes unha serie de instrumentos que teñen como obxectivo a mellora e a modernización do comercio galego, así como a solución dos problemas que lles afectan.

https://www.youtube.com/watch?v=QiRypZNpzNI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.