Porto Do Son

O Concello de Porto do Son faise mais accesible coa concreción de catro actuacións de humanización

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou hoxe, durante unha vista a diferentes obras de accesibilidade realizadas no municipio de Porto do Son, que a Xunta traballa para que “todas as galegas e galegos vivan nunha Galicia máis accesible”.
https://www.youtube.com/watch?v=EEc_trCqZ7I
Nesta liña, indicou que o Executivo autonómico, da man dos concellos e das entidades, seguirá a facer esforzos para avanzar cara unha sociedade máis inclusiva e accesible.

Fabiola García explicou que as actuacións executadas en Porto do Son forman parte da vintena que nos últimos doce meses se desenvolveron noutras tantas localidades de tamaño pequeno e mediano baixo a subvención da Consellería. Estas intervencións, que se realizaron principalmente en prazas, rúas e edificios de servizos públicos, sumaron un investimento algo superior ao millón de euros por parte deste departamento autonómico.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.