A Autoescola Miguel de Ribeira anulará un curso de terceiro nivel para a
Creación e Xestión de Microempresas se en seis días non consigue acadar o número mínimo de interesados para poder impartir as clases. Os alumnos que acudisen a este curso cun total de 530 horas obtenían un certificado de profesionalidade validado pola Xunta de Galicia. Ademais os interesados obterán axudas económicas.
Polo de agora tan só son 4 as persoas apuntadas e necesitan un mínimo de 10 para poder levalo adiante.
Dende a autoescola aseguran que o servizo público de emprego estatal é o responsable de conseguir interesados para este tipo de cursos.
Ventura Bretal asegura que a mala planificación da oficiña do INEM de Boiro é a responsable de que isto vaia a suceder.
Por outra banda o xerente admite que os requisitos para este obradoiro son moi esixentes. Pois entre eles esta o feito de ter o título de bacherelato.
O feito de que nos encontremos en época estival tamén reduce as posibilidades de que a xente poida asistir.
Dende a autoescola aseguran que solicitaron o mesmo curso pero cun nivel máis baixo. Polo de agora están á espera da confirmación pero as posibilidades según o xerente son poucas.
https://www.youtube.com/watch?v=nbs3a53kNvc