DOLORES ELORDUY abandona o PP e unha nova concellería de administración e transparencia completa o goberno municipal

O Goberno Municipal de Ribeira anuncia hoxe a a súa nova composición coa aprobación das distintas delegacións.

Para sorpresa de moiros, Dolores Elordouy abandona aos populares e marcha ao grupo mixto.
Despois de desempeñar o cargo de primera tenente de alcalde e concelleira de obras nas dúa spasadas lexislaturas.

Compre a creación dunha nova Concellería de Administración, Transparencia e Atención e Participación Cidadá, chamada a ser unha canle fundamental de comunicación do Concello cos veciños (tanto de forma individual como a modo de grupos), ademais de tomar a responsabilidade de implantar novas medidas que redunden nunha maior transparencia pública e participación da cidadanía na acción municipal.

As novas delegacións e os seus correspondentes titulares son:

– Concelleiro delegado de Seguridade e Mobilidade Cidadá: Victor Reiriz Lampón
– Concelleira delegada de Servizos Sociais, Promoción Social e Igualdade. Esther Patiño Rey
– Concelleira delegado de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Fabiola García Martínez
– Concelleira delegada de Promoción e Dinamización Económica e Cultura, Fabiola García Martínez
– Concelleira delegada de Xuventude e Deportes: Aroa Fernández Cadórniga
– Concelleira delegada de Parque Natural e Medio Ambiente: Elvira Pereira Ageitos
– Concelleiro delegado de Benestar Comunitario: Manuel Emilio Pérez Outeiral
– Concelleira delegada de Educación e Persoal: María Herminia Pouso Maneiro.

O alcalde Manuel Ruiz Rivas asume as áreas de Economía, Pesca e Infraestruturas e Urbanismo.

A segunda tenencia de alcalde corresponde a, Emilio Pérez Outeiral, Esther Patiño Rey de terceira e Elvira Pereira Ageitos de cuarta.

https://www.youtube.com/watch?v=rqFZLDtFPGA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.