A consellería de sanidade anuncia que tódalas praias de PORTO DO SON son aptas para o baño

Todas as praias do concello de Porto do Son sn aptas para o baño. Así o anuncia hoxe a Consellería de Sanidade, a través da Xefatura Territorial da Coruña,
A cualificacións das mesmas atópase entre boa e excelente.

As últimas análises realizadas nesta zona, recollidas o día 25 de xuño, amosan niveis de microorganismos aceptables, polo que, desde o departamento autonómico, sinálase que non existe risco para a saúde dos bañistas. Descártase, desta forma, calquera episodio de contaminación.

Neste senso, Sanidade indica na súa comunicación que, segundo a lexislación vixente, o concello debe dispoñer e manter os carteis informativos sobre a cualificación sanitaria final da auga de baño en todos os areais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.