O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía o labor dos galardoados cos Premios da Cultura Galega para labrar unha cultura que une, “tecedora de fíos entre persoas e pobos”, e que está firmemente arraigada na terra.
https://www.youtube.com/watch?v=qXwNKSbC_u4
Feijoo subliñou que boa parte da nosa historia sería un feixe de sucesos inconexos sen o traballo de Ramón Villares. Así mesmo, resaltou que esa función catalizadora dos creadores culturais é ben patente na Roda. No tocante a Antón Santamarina, precisou que o noso idioma chega ao ensino da súa man. “Algún día Cannes tentará imitar a Cans. Pero sen éxito”, sentenciou sobre este festival que se expande por adegas, galpóns e casas particulares para mostrar as mellores producións galegas. Ademais de referirse tamén ao traballo da asociación O Sorriso de Daniel, que vela pola Galicia románica, unha das etapas de esplendor do noso país.