Un ano más a solidariedade vén da man de Ramiro Carregal Rey esta vez traducida na xa III edición Trofeo de Pesca Solidaria que se disputará o catro de xullo nos baixos de Corrubedo ou ben no interior da Ría de Arousa, todo vai depender das condicións meteorolóxicas.
Vinte son os participantes que Torres Colomer, presidente do Náutico de Ribeira, asegura que van acudir.
Trátase dun evento deportivo pero cun alto grao de solidariedade xa que o peixe que se recaude pasará ás mans das familias que máis o necesiten. Uns 600kg de produto é o que se espera obter entre as pescas da competición e a donación que como de costume ven por parte dos armadores.
A Fundación Amigos de Galicia, a Asociación de Armadores de Arrastre Pescaldía, a marca comercial Abanca, a empresa Frinsa e o Náutico de Ribeira son os organizadores do evento.
O presidente de honra de Amicos e o que pon nome a este trofeo asegura que está a
colaborar con un total de 56 asociacións de ámbito social, cultural e deportivo.
Ao remate da xornada haberá unha comida de cofraternización seguida da entrega de trofeos.
Haberá premios para os tres mellores pescadores, para as tres mellores capturas e para o maior número de pezas.
https://www.youtube.com/watch?v=iYHtSfY7RDs