Dúas familias de RIBEIRA e a POBRA poderían perder as súas vivendas

A Plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza segue a traballar a prol do dereito á vivenda e para isto segue a negociar con diferentes entidades financieiras para chegar a un acordo amistoso mediante o cal dúas familias do concello de Ribeira e A Pobra poidan seguir residindo nas súas vivendas habituáis.
No primeiro caso trátase dunha familia ribeirense composta por cinco membros, tres de eles de 13, 4 e 8 meses que apenas teñen ingresos. Dende a plataforma estase a negociar co bando Santander para a concesión dunha moratoria.
No caso da familia da Pobra a plataforma intentará evitar a subasta da vivendfa habitual, que está sinalada para o vindeiro día 27 de outubro por parte do BBVA. O que se busca neste caso é conseguir unha sinatura por parte dos tresponsables da entidade para un aluguer social.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.