Un grupo de cen persoas veciñas do Concello de Arzúa chegaron este sábado ás terras barbanzanas da Pobra do Caramiñal coa fin de coñecer as pegadas de don Ramón en Viana del Prior.
Cara as dez e media da mañá atopábanse ao pé da Torre Bermúdez, onde foron recibidos polo director do centro, Antonio González Millán e a técnica Begoña Olveira. Durante o seu paseo polas instalacións da entidade tiveron a oportunidade de escoitar as explicacións sobre os contidos que alí se expoñen, sobre os lugares da Pobra relacionados con don Ramón e visualizar a filmación sobre a tradición da procesión das mortallas que se exhibe na sala de proxección audiovisual.
Cen veciños de ARZÚA visitan O MUSEO VALLE-INCLÁN
Please login to join discussion