SIRADELLA, RABUDA E SOMNI gañan a REGATA FRINSA con máis competidores que nunca

O siradella e a Rabuda, da flota do Náutico de Portosín e Somni de Ribeira foron os vencedores da decimoquinta edición Regata Frinsa Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey que se disputou durante a xornada de onte en augas da ría de Arousa.
No seu quinceavo ano, unha das probas máis prestigiosas da comarca do Barbanza logrou reunir ao mair número de embarcacións que se lembran.
Os xuíces montaron un percorrido de 8,15 millas pola ría de Arousa con saída das inmediacións do porto deportivo de Santa Uxía. A flota realizou un pequeno desmarque para rodear a illa de Rúa para, tomar Ter por babor e regresar a Coroso.
O escaso vento existente obrigou a atrasar o inicio da proba unha hora. Ás 13.00 horas deuse a saída cun vento sur de once nós.
A entrega de premios tivo lugar na factoría de Frinsa onde ademais se celebrou un xantar mariñeiro ao que asistiron como invitados os regatistas mundialistas Antón e Carlos Paz.

https://www.youtube.com/watch?v=bGTPBl5axDY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.