Un ano máis, as Súas Maxestades de Oriente van desfilar este sábado pola cidade ribeirense nunha cabalgara que estará integrada por dez carrozas, un tren infantil, tres charangas, dúas bandas de música e tres mascotas animadas dos PJ Masks.
Este ano, a temática da cabalgata serán as civilizacións. Durante o itinerario repartiranse 1.400 quilos de caramelos sen glute cun envoltorio personalizado de Nadal.
Os Reis Magos desfilarán por Ribeira nunha animada cabalgata con dez carrozas tras visitar as parroquias a bordo do bus real.


