Galicia

A consellería de educación incrementa nun 17% o orzamento destinado ás axudas complementarias do programa Erasmus+


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0534-051218-0002_gl.html) a convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario «Erasmus+», para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019, que conta desta vez cun orzamento de 1.751.000 euros, case un 17% máis ca na anterior convocatoria. Deste xeito, todos os estudantes galegos que tiveran dereito ás axudas europeas poderán ter acceso tamén ás axudas complementarias autonómicas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.