Deportes

Luís Calvo Castro e Aroa Sío Recknold gañan o II Trail San Silvestre de Lousame, no que participaron un total de 361 atletas. Rubén Martínez Mayo e Laura González Couce venceron no Trail Curto

O nicrariense Luís Calvo Castro e a viguesa Aroa Sío Recknold (Race Land / Hoka One One) fixeron bos os prognósticos e gañaron con comodidade o II Trail San Silvestre de Lousame “Minas de San Finx”, desputado ao longo de 24 quilómetros polos montes e aldeas de Lousame.
https://www.youtube.com/watch?v=4d7qNYiA-zM
Por segundo ano consecutivo, Luís Calvo Castro venceu con autoridade en Lousame cun tempo de 1 hora, 47 minutos e 4 segundos, cun ritmo de 4:27 por quilómetro. Calvo Castro sacoulle 4 minutos exactos ao segundo clasificado, que por segundo ano consecutivo foi Samuel Saborido Soñora, do Club Tribu Trail, cun tempo de 1 hora, 51 minutos e 4 segundos. Completou o podio Marcos Trelles Rodríguez, cun tempo de 1 hora, 53 minutos e 41 segundos. Asi de agotado daba conta das sensacions trala proba.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.