Renacer sae á rúa para concienciar ós mozos e mozas no día mundial contra a droga

A praza do Concello de Riveira convertíase neste día nun punto de concienciación e sensibilización contra a drogadicción. A asociación Renacer continúa con esta laboura ano tras ano en Riveira, nun día tan significativo como é o día mundial contra a droga quixeron achegarse máis se cabe os veciños e veciñas coñecendo as súas inquedanzas e necesidades para construir un entorno máis saudable.
Cun stand informativo ofrecían actividades de ocio saudable gratuitas pero sobre todo información preventiva relacionados coa celebración deste día, resolvendo posibles dúbidas que os xóvenes teñen sobre as diferentes sustancias co obxecto de contrarrestar as informacións sesgadas que tenden a enxalzar as súas “bondades”, pero ocultan ou distorsionan os riscos derivados do seu consumo.
Foron moitos os pequenos e maiores que se achegaron solicitando información e compartindo inquietudes.

https://www.youtube.com/watch?v=LdQnkRoG5T4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.