O BNG de Riveira reclama o recoñecemento ás persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI).

Esta mañá varios membros do BNG de ribeira e Galiza Nova reivindicaron unha vez máis o recoñecemento ás persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI) dado que, segundo expricaron, todavía queda moito por facer para lograr a normalización social de respecto á liberdade e diversidade sexual das persoas. Dende as filas nacionalistas afirman que é necesaria a implicación das institucións e dos poderes públicos para acadar unha normalidade plena mediante políticas de sensibilización, condena de actos discriminatorios, educación afectivo-sexual, pulo polo respecto á liberdade individual da escolla sexual, etc. E critican feitos como o da discriminacion á hora de doar sangue por ditame da xustiza europea.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.