O Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para 2015 coordinará as accións da Xunta e o Goberno central na loita contra os lumes forestais

Esta mañá constituíuse o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para a campaña 2015, estando operativo a partir do 1 de xullo e ata o vindeiro 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios forestais.
Este Comité está presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o subsecretario do Ministerio do Interior, Luis Aguilera, e ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e o Goberno Central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Na reunión do CIPIG tamén participaron a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, entre outras autoridades. O dispositivo de loita e prevención contra os incendios estará composto por máis de 7.000 efectivos despregados por todo o territorio galego, durante a tempada de alto risco. Deste montante, 5.767 son persoas do SPDCIF, e o resto depende do Ministerio, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Un despregue que, como cada ano, está baixo o mando único da Xunta.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.