Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas –franxa costeira entre Muros e Tui- recibiron 7.400 barcos en tránsito durante este ano, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións náutico recreativas.
Estas cifras reflicten unha suba interanual nesta actividade do 18% nas Rías Baixas. Así o sinalou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa nas oficinas portuarias de Pontevedra.
A Chegada de embarcacións en tránsito medrou un 18% interanual na franxa das rías baixas


