Sin categoría

GADISA aumenta a plantilla grazas a ampliación e modernización das instalacions do GADIS DE NOIA .

O establecemento ubicado na rúa Carcasía reabre as portas cun equipo de 18 profesionais e unha superficie comercial que supera os 700 m2, no marco dun plan de mellora do servizo ós clientes

GADISA crea así 7 novos empregos , dando maior servizo ós clientes e ofrecendo máis de 7000 artigos das primeiras marcas. O gadis de Carcacía amplía significativamente a superficie comercial do establecemento que supera os 700 metros cadrados, diseñados para proporcionar maior comodidade e axilizar os tiempos de compra, pasando a ofrecer un servizo personalizado que se adapte as necesidades dos clientes. Ademais de ampliar o numero de traballadores, artigos e metros cadrados a compañia reabre con ampliación de horario, que vai ser ininterrumpido de 9:30 a 21.00 horas, de luns a sábado; e de 9:30 a 14.30, os domingos.

Con motivo da inauguración, dende o 26 de xuño ó 1 de xullo, o Supermercado Gadis celebrará osorteo de dous xamóns diarios. Tammén está previsto un gran sorteo final con agasallos de última tecnoloxía: 1 Iphone 6, 1 smart TV de 40” e un cepillo vapor para tecidos Rowenta.

GADISA manten un ritmo de crecemento sostido, cun importante plan de aperturas e inversións para modernizar e ampliar establecementos. A compañía de distribución conta con 214 supermercados propios, 12 CASH IFA e145 franquicias Claudio en Galicia e Castela León.

Salir de la versión móvil