O Partido Popular De Noia Denuncia Novos Feitos Do Despilfarro E Improvisación Nas Obras Da Rúa Do Curro

O PP de Noia insistiu unha vez máis en denunciar o despilfarro e improvisación das obras da Rúa do Curro. Según eles xa se fixera unha seria advertencia de que os materiais prefabricados que se estaban a usar son de moi mala calidade e non son acordes para unha rúa céntrica emprazada no ámbito do casco histórico. Unha nova mostra disto é o feito de que o pasado luns 7 de xullo, aínda non inaugurada a 1ª fase, empezáronse a levantar as lousas de pedra colocadas e se están a substituír por outras. O PP lamenta que non haxa ningún tipo de control por parte do grupo de goberno. Así mesmo denunciaron tamén a falta de planificación na 2ª fase onde se está a despilfarrar gran cantidade de material por non existir unha dirección de obra e un proxecto definido e executable. Afirmaron pois que o arquitecto externo responsable está a facer continuas modificacións baseándose nun criterio, según eles, indefinido, non atendendo as demandas dos veciños residentes, comerciantes e ao grupo maioritario da Corporación como é o Partido Popular. Outros exemplos da nula xestión e da ausencia de control das obras son o levantamento dunha escaleira recén feita convertida xa en escombro ou os peldaños utilizados diante dunha coñecida tenda do téxtil que non cumpren a normativa de seguridade nin accesibilidade ao ter máis altura que base, base na que non colle o pe dunha persoa adulta…

http://youtu.be/H0Nm7FoBgPo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.