PANOS BRANCOS movilizará BOIRO para loitar contra a lacra da droga

A Fundación Galega contra o Narcotráfica aposta polo concello de Boiro para celebrar os actos centrais da campaña Panos Brancos contra a Droga.
Trátase dunha iniciativa que este ano xa celebra a súa novena edición e que coincide co Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.
Diversas asociacións, corpos e forzas de seguridade e administracións públicas tomarán parte na marcha contra a droga que partirá da praza do concello o sábado ao mediodía.
Xa en febreiro esta mesma Fundación celebrou en Boiro as xornadas deportivas dos Panos Brancos contra a droga.

Durante esta xornada desenvolveranse actividades lúdicas aínda que o acto central será a Marcha contra a Droga que partirá da praza do concello ás doce e cuarto para percorrer as principais rúas do casco urbano.

Dende o concello fan un chamamento á cidadanía a sumarse a estes actos xa que é responsabilidade de todos, especialmente das administracións, combater a droga en tódalas súas vertentes.

https://www.youtube.com/watch?v=qJcPIsd8Nnk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.