O novo plan do impulso do comercio da xunta renovará o sector

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello que o novo Plan de impulso ao comercio, dotado con 70 millóns de euros, permitirá completar a renovación do sector comercial, impulsar o comercio electrónico e potenciar a excelencia como rasgo diferenciado do comercio galego.
Así, grazas este Plan, incrementarase nun 15 por cento a cifra de emprendedores que traballan no sector, ata chegar a máis de 60.000 no ano 2020, recuperándose así o número que había ao inicio da crise económica; triplicarase a porcentaxe de empresas de menos de dez empregados que vendan en Internet, alcanzando un 14 por cento dos pequenos comercios que sexan capaces de estar na rede; e incrementarase nun 10 por cento o número de comercios que se asocien para competir, chegando á cifra de 20.000.
Dentro das medidas que a Xunta pretende levar a cabo para impulsar o comercio en época de transición está a creación de canles de distribución entre produtores e empresas de distribución para a eliminación de custos intermedios que redunden nun prezo final máis axeitado.

Así mesmo, tamén se impulsará nas prazas de abastos a creación de espazos comerciais multifuncionais nos que teñan lugar actividades complementarias como demostracións culinarias, catas ou cursos de cociña.

En terceiro lugar, co fin de potenciar un comercio máis excelente a Xunta activará axudas para campañas de dinamización comercial e potenciará sistemas de fidelización de colectivos específicos.

https://www.youtube.com/watch?v=yxhRIsV1tqk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.