Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Goberno galego destinará 36M€ para renovar o recurso da Tarxeta Benvida para as galegas e galegos nados en 2019

Como gran novidade, Feijóo destacou a posibilidade de solicitar a prestación xa desde o embarazo, co obxectivo de que a espera para obter unha resolución favorable pase a ser dun mes.

Outras das novidades que contempla, dixo, será que as familias que obtivesen a Tarxeta Benvida no ano 2018 e neste ano reducisen o seu nivel de ingresos ata situarse nos 22.000 euros ou menos, terán dereito á ampliación sempre que comuniquen o cambio da súa situación.Dese xeito, lembrou, a Tarxeta Benvida, que estará á disposición dos pais naturais ou con cativos en adopción ou garda con fins adoptivos e tamén para familias que residan no exterior e decidan volver a Galicia, virá cargada con 1.200 euros distribuídos en dous pagamentos, un en 2019 e outro 2020. Sempre e cando, engadiu, a renda anual familiar sexa inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.500 euros per cápita, é dicir, arredor de 8 de cada 10 galegos con fillos pequenos teñen posibilidade de percibila.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.