Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia publicará mañá a orde de axudas pola que se establecen as subvencións para paliar os danos que provocan as especies silvestres sobre os cultivos agrarios ou nas explotacións gandeiras

Unha das novidades que recolle a orde de axudas por danos de lobo é que se compensará o aborto que sufran as reses, no caso de que sexan atacadas por un lobo e sobrevivan ao ataque, pero que a consecuencia do mesmo perdan a súa cría.

Deste xeito, a cantidade compensatoria por cada aborto corresponderá a un 75% do valor (tendo en conta a clase e idade) no caso de especies de gando ovino e cabrún e dun 50% do valor no caso do resto das especies de gando. No caso de parto múltiple, compensarase por cada un dos animais abortados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.