STOP DESAFIUZAMENTOS da un paso máis para evitar a lacra e reune a familias humildes e partidos políticos

Integrantes do PSOE e BNG e Ribeira, Nós Pobra e Boiro Novo reuníronse na tarde de onte no local do sindicato da CIG de Ribeira para tratar asuntos moi importantes sobre o futuro da Plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza.
Despois de catro anos traballando para evitar desafiuzamentos na comarca, José Manuel Pena, principal responsable da plataforma solicitou a colaboración dos diferentes partidos polítticos e de integrante de familias de Ribeira, Pobra e Noia con risco de exclusión social para entre todos estudar unha moción que se lle presentará aos concellos.
As familias que se encontrar nunha situación de vulnerabilidade están a ter serio problemas para facer fronte aos pagos da renta das súas vivenda sociais. Trátase de familias que con apenas recursos económicos se lles denegan prestacións como a Renta de Insercción Social de Galicia ou a Renta Actica de Insercción.

Rocío Argibay, Ana Isabel Lijó e Manuel Simil son os nomes que están detrás das estatísticas. Rocío Argibay, veciña das vivendas sociais de Xarás, expuxo os seus problema.

Ana Isabel Lijó, que con oitocentos euros de paga non é capaz de abonar o aluguer social e dar para comer aos seus dous nenos.

Tamén Manuel Simil expresou a súa indignación co sector bancario e xudicial

Pena asegurou que a asociación espera que os problemas de vivenda soluciónense pronto, xa que o Goberno galego ultima un plan para que así sexa, pero a pesar disto é escéptico e asegura que dende a plataforma non se cre nas palabras da xunta.
Na reunición de onte tamén se acordou a designación dun novo vocal, que se encargará do labor de presión política e de concienciación cidadá

https://www.youtube.com/watch?v=xPfn1U5X2Tk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.