Unha nova liña de axudas para material escolar beneficiará a case 70.000 alumnos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na Cámara galega que entre 60.000 e 70.000 alumnos contarán no vindeiro curso cun cheque de entre 40 e 50 euros para material escolar. “Imos seguir axudando aos que menos teñen e traballando polas familias en situación de vulnerabilidade, con dificultades económicas”, aseverou, ao que precisou que esta liña de axudas inclúese no Plan social contra a desigualdade económica.
En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, Feijóo afirmou que a Educación é e seguirá a ser unha das prioridades do Executivo autonómico, salientando o esforzo e compromiso da comunidade educativa e da sociedade galega, “a través dos presupostos”.
Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o esforzo conxunto permitiu que o fracaso escolar sexa 9 puntos menos que cando gobernaba o bipartito. E, resaltou tamén que, co obxectivo de que o 100% das aulas públicas sexan dixitais, este ano a Xunta investirá 11 millóns de euros para dixitalizar todas as aulas do terceiro ciclo de primaria e de educación secundaria; “e somos a primeira comunidade de España que está traballando no proxecto de contido de libros dixitais, para o que estamos investindo outros tres millóns de euros”.

https://www.youtube.com/watch?v=uA5uoCmH4gk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.